O cadro de persoal de Pull&Bear da tenda outlet For&from de Ferrol asiste á formación “Actuación fronte ao Acoso” nas oficinas de COGAMI Ferrol, da man da formadora Noelia López de Inthemove, unha empresa experta en estratexias responsables e innovación social.
Desde Integratex estamos comprometidas coa formación das persoas traballadoras en conductas asertivas, así como na dotación das ferramentas precisas para saber identificar diferentes tipos de acoso e nas actuacións para facerlle fronte.
Traballamos, a través da prevención e o coñecemento dos nosos protocolos de actuación, por unha contorna laboral libre de situacións de acoso, discriminación e violencia, na que se garanta a protección da dignidade, a liberdade sexual e a integridade física e moral.



