Integratex participou na reunión da Rede de Emprego “Emprega-Nós” que se levou a cabo no edificio da Biblioteca Pública de Ourense, na que tamén estiveron diversas entidades sociais da zona como: COGAMI Ourense, Fundación Secretariado Gitano ou ONCE.
Durante esta sesión Yaiza Somorrostro, xerente de Integratex, e Manuela Fernández, encargada de TEMPE “For&from”, presentaron o traballo desenvolto desde Galega de Economía Social (GES) e o Centro Especial de Emprego, facendo fincapé nas iniciativas de Integratex centradas en xerar un maior valor social.
Na segunda parte da sesión, Francisco Javier Maíllo , da Fundación Juan Soñador. Teranga, presentou o Proxecto “Puentes”. En Galicia , a Fundación atende ás persoas migrantes de forma integral, apoiándoas nas súas necesidades e promovendo a inserción social.
Desde Integratex compartimos o compromiso cara colectivos con dificultades de inserción social e, para iso, traballamos diariamente para fomentar un bo clima de traballo entre as persoas traballadoras así como na atención ao cliente, baseada en actitudes de respecto, tolerancia e uso de linguaxe inclusiva.



