INTEGRATEX participa na reunión anual de COGAMI Empresarial

INTEGRATEX participa na reunión anual de COGAMI Empresarial

Integratex, como empresa integrada en COGAMI Empresarial, participou na reunión anual de xerencias que este ano se celebrou en Lugo e tivo a Grafinco, imprenta do Grupo empresarial, como anfitrioa.

Na reunión, as distintas empresas fixeron un balance dos logros do ano 2024 na comercialización de produtos e servizos, así como dos principais retos e compromisos de cada empresa de cara ao ano 2025.

No caso de Integratex pechamos o ano cun lixeiro incremento na facturación, ano no que abordamos a implantación dun sistema de xestión RFID, que nos permite unha xestión máis eficiente dos inventarios e de optimización do traballo e da rendibilidade de cada tenda. Ademais, no 2024 continuamos apostando polo escaparatismo dos establecementos outlet que xestionamos, mellorando as zonas de descanso e convivencia das nosas persoas traballadoras e incrementando a nosa relación con entidades e empresas que, coma nós, entenden o traballo desde unha visión da Economía Social.

Esta reunión tamén permitiu un intercambio de aprendizaxes e experiencias entre as empresas de COGAMI Empresarial e a oportunidade de reforzar o noso compromiso como Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social (CEEIS) ante as necesidades comúns como a captación e retención de talento, a formación enfocada á mellora continua ou a aposta pola sostibilidade ambiental. COGAMI Empresarial integra, ademais de a Integratex e Grafinco, ás empresas Accede Social (transporte de persoas), Combina Social (servizos de outsourcing), Coregal (xestión de residuos), Dixardín (deseño e mantemento de parques e xardíns), Hornos de Lamastelle (alimentación) e Trameve (automoción), baixo a coordinación de Galega de Economía Social, empresa matriz do Grupo Empresarial.

Ir o contido
Integratex | integratex.gal
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.