No marco do Bono Consolida Economía Social, desde Integratex levamos meses traballando na actualización e ampliación da nosa páxina web.
Froito dese traballo están resultando diversas melloras no escaparate online, que nos permite achegar información sobre as tendas ao público en xeral, e tamén dar a coñecer mellor cal é o noso Valor Social e o impacto positivo que xeramos coa actividade empresarial e a inserción laboral de persoas con discapacidade.
Estas melloras na páxina web están sendo realizadas por Fases, polo que neste primeiro semestre do ano lanzamos o novo formato de web que permitirá que vaiamos engadindo seccións e contido nos vindeiros meses e facendo que o noso portal online conteña máis información e sexa navegable. Con esta iniciativa queremos achegar máis ao público o traballo que realizamos de mellora continua dende as tendas así como as principais novidades que vaiamos tendo en lanzamento de tarxetas regalo, colaboracións con outras entidades, ofertas de traballo e outras melloras que imos implantando.



