As nosas
persoas
As nosas
tendas
Quen somos
Integratex nacemos no 2007 como unha Unidade de Negocio de COGAMI Empresarial para a creación de oportunidades laborais para persoas con discapacidade. Somos un Centro Especial de Emprego de Iniciativa Social (CEEIS) da Confederacion Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) que conta con 25 persoas traballadoras.
Que facemos
A nosa actividade principal é a comercialización de roupa, calzado e complementos cun modelo de franquías a través do Proxecto For&From de INDITEX no que xestionamos 3 tendas outlet: Massimo Dutti e TEMPE (Centro Comercial Aberto Outlet de Allariz) e Pull&Bear (cidade de Ferrol).
O noso compromiso
En Integratex desenvolvemos a nosa actividade co compromiso de aportar Valor Social e contribuir a unha economía máis inclusiva e sostible.
Atención Integral Centrada na Persoa (AICP)
Trátase dun modelo de atención que procura promover as condicións necesarias para a consecución de melloras en todos os ámbitos da calidade de vida e benestar das persoas. Partindo do respecto pleno a súa dignidade e dereitos, aos seus intereses e preferencias e contando coa súa participación efectiva.
Contratación
inclusiva
Máis do 90% das persoas que traballan con nós son persoas con discapacidade e todos os beneficios obtidos das tendas pasan a reinvestirse na propia empresa, co obxectivo de seguir fomentando o crecemento e a creación de emprego para este colectivo. Coordinámonos con diversas entidades sociais e empresariais e traballamos en colaboración cos Servizos de Orientación e Intermediación Laboral de COGAMI.
Formación
laboral
Centro de formación laboral como ponte ao mercado ordinario de traballo.
Co foco posto na inclusión non só facilitamos a integración de persoas con discapacidade no mercado laboral a través do traballo nas nosas tendas, senón que adecuamos tarefas e adaptamos os postos de traballo acompañando ás persoas traballadoras ante unha posible transición cara o mercado laboral ordinario.
Acompañamento personalizado
A través de accións de orientación e acompañamento individualizado no posto de traballo, facilitamos a adaptación social e laboral de persoas con diferentes discapacidades.
Formación
continua
Ofrecemos accións formativas que responden ás necesidades que detectamos desde a empresa ou que identifican as propias persoas traballadoras, de cara a adquirir novas competencias e habilidades: