Integratex recibe nas súas tendas de Allariz a Molí d’en Puigvert, unha entidade privada de iniciativa social, e sen ánimo de lucro, orientada á inserción laboral e social de persoas con trastornos de saúde mental.
Desde COGAMI asistiron Ramón Sestayo Lestón, vicepresidente primeiro da Organización e Rosa Gutiérrez, directora de Negocio de Galega de Economía Social. Na visita estiveron acompañados por Carlos Piñeiro, do departamento de Responsabilidade Social Corporativa de INDITEX e por Cristina Cid, alcaldesa de Allariz, con quen intercambiaron experiencias e visións do Proxecto “For&from”, a través do cal, contan con Centros Especiais de Emprego na Costa Brava como son os de Oysho e Bershka For&from en Palafolls.



