Visitamos o CIFP Rodolfo Ucha e afondamos na acreditación de competencias

Visitamos o CIFP Rodolfo Ucha e afondamos na acreditación de competencias

Persoal da Área de Emprego das oficinas de Ferrol e de A Coruña da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) á que pertencemos desde Integratex, xunto coa nosa xerente, Yaiza Somorrostro, visitaron o CIFP Rodolfo Ucha de Ferrol.

O obxectivo desta xuntanza foi coñecer polo miúdo o proceso de Avaliación, Recoñecemento e Acreditación (ARA) das competencias profesionais adquiridas que leva a cabo o Centro de Formación a través da experiencia laboral e/ou de aprendizaxe non formal.

Desde Integratex estamos comprometidas como empresa co acompañamento e recoñecemento das competencias por parte das persoas que traballan nas tendas outlet que xestiona a empresa do Proxecto “For&from”, de aí o interese en afondar neste proceso en aras de fomentar a acreditación e mellorar as posibilidades laborais das persoas que traballan con nós. Esta xuntanza tamén permitiu abrir a posibilidade a futuras colaboracións mediante convenio de prácticas laborais así como a visita á Aula ATENDA do ciclo de Comercio e Marketing, que simula unha tenda real e conta cun sistema de almacenaxe robotizado.

Ir o contido
Integratex | integratex.gal
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.