Integratex conta cunha nova xerente que asume a coordinación das 3 tendas outlet da empresa ligadas ao Proxecto “For&from” e que marca unha liña de continuidade co traballo que se viña desenvolvendo no sector do retail téxtil, así como no da inclusión laboral de persoas con discapacidade.
Yaiza Somorrostro xa formaba parte de COGAMI, onde desenvolveu a súa traxectoria como preparadora laboral do Proxecto “INCLUYE” de INDITEX, cun profundo coñecemento e sensibilidade no ámbito da discapacidade e a promoción das competencias e habilidades das persoas traballadoras.
En palabras de Yaiza, quen asume este novo reto co compromiso e ilusión que veñen caracterizando o seu traballo, desde Integratex “poñemos o esforzo en ser un paso máis cara a inclusión laboral de persoas con discapacidade e seguir crecendo e innovando dentro do sector téxtil.”



